by Ana Barrós | 22 de Novembro de 2021 | Escenarios, Making Of | 0 Comments
Nun momento no que quería aprender moito máis, tentei centrarme en proxectos persoais que sabía que no mundo laboral non ía poder desenvolver. Por aquel entón, uns amigos faláranme de Artstation e de que se fixeran un portfolio aí. Suxeríronme que mo fixese eu tamén e que botase un ollo pola web a proxectos doutros artistas. Foi así como descubrín os Challenges e as cousas tan asombrosas que facía a xente. Nese momento propúxenme que tiña que conseguir participar nun.